Ano de publicación:
2020
Lorenzo-Otero, J.L. (2020). Arquitectura escolar indiana en la comarca compostelana: el caso del Concello de Ames. ARTE Y CIUDAD. Revista De Investigación, (18), 85-114. https://doi.org/10.22530/ayc.2020.18.579
Dende mediados do século XIX até ben entrada a década de 1930, Galicia convértese nunha exportadora de man de obra emigrante ao continente americano. Isto supuxo que, á súa volta, estes emigrantes introducisen no rural galego novidades de todo tipo que recibiron ao outro lado do Atlántico. Con eles chegan innovacións culturais, sociais, políticas e, especialmente, arquitectónicas. Estas transformaron a estética do mundo rural, conferíndolle unha imaxe de modernidade e heteroxeneidade ecléctica, que relacionábase cos estilos dominantes nas urbes do período. Vivendas, asilos, hospitais ou escolas foron construcións que proliferaron gracias aos cartos dos emigrantes, e supoñen unha interesante mestura entre a arquitectura vernácula e os estilo coetáneos. O presente artigo busca observar a presenza de escolas promocionadas polo diñeiro indiano na comarca compostelá –centrándonos no concello de Ames–, buscando as súas formas es estilos característicos, as súas motivacións socioculturais e as súas implicacións estéticas.