Ano de publicación:
2020
Editorial:
Catro Ventos
ISBN:
978-84-122499-3-4
Fernández Blanco, M., Ramallo, F., García Negro, P., Nogueira Pereira, M.X., Outeriño, M., Sampedro, F., & Teixeiro Rei. I. (coord.) (2020). Setenta ideas para a (pos)pandemia. Vigo: Catro Ventos
Coa chegada da pandemia, o mundo entra nunha nova etapa histórica que, nos vindeiros anos, chegaremos a coñecer con máis certeza ca na actualidade. Por iso, en certa medida, non é desmesurado dicir que o novo século comeza agora, coa entrada nunhas máis deterioradas condicións de vida para a maioría da poboación en todo o mundo; condicións que, probablemente, se acaben «naturalizando».
Setenta ideas para a (pos)pandemia é o resultado dunha interpelación a sete autoras e autores galegos (Manuel Fernández Blanco, Pilar García Negro, María Xesús Nogueira, Xosé Manuel Outeiriño Gallego, Fernando Ramallo, Francisco Sampedro e Iolanda Teixeiro Rei) aos que se lles pediu que elaborasen un decálogo arredor da súa consideración sobre o mundo no que entramos ou, en todo caso, a que fase do sistema-mundo actual nos diriximos. Unha escolma de ideas e pensamentos en voz alta que esperamos e sabemos que será punto de partida para motivar debates interesantes, suscitar polémicas e dar pé a propostas necesarias de mellora que acheguen refachos de cambio nestes novos tempos difíciles pero á vez suxestivos.