Ano de publicación:
2019
Editorial:
USC - Servizo de Publicacións e Intercambio Científico
ISBN:
978-84-17595-13-5
Herrero Pérez, N., & Nogueira Pereira, M.X. (coord.) (2019). Antonio Fraguas: A cultura como forma de vida. Santiago de Compostela: USC – Servizo de Publicacións e Intercambio Científico.
O Día das Letras Galegas de 2019 apela á memoria dun intelectual, investigador e docente vocacional e xeneroso que, malia puntuais incursións nos estudos literarios e mesmo na creación, consagrou a súa vida a disciplinas das ciencias sociais e humanas como a historia, a xeografía, a arqueoloxía e, de maneira destacada, a especialidades situadas no eido da antropoloxía sociocultural, como a etnografía e o folclore. Nos traballos que inclúe este volume, a tradición etnográfica, a oralidade e a literatura popular -campos vizosos da cultura galega- fúndense coa experiencia vital para ofrecer unha visión completa e novidosa de Antonio Fraguas e a súa inxente herdanza.