Licenciada en Historia da Arte (Universidade de Santiago de Compostela). Realizou o programa de doutoramento “Educación artística: Aprendizaje y enseñanza de las artes visuales” (Universidad de Granada). Desde 2014 é docente na Área de didáctica da expresión plástica da Facultade de Ciencias da Educación e membro do grupo de investigación LITER21 (USC). Con anterioridade (1998-2014) foi educadora e coordinadora do servizo de actividades e proxectos educativos do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC; Santiago de Compostela). É integrante e co-fundadora do grupo interdisciplinar C3 (colectivo de educadores/as e investigadores/as que traballa como unha célula que expande propostas de acción artística contemporánea). As liñas de investigación céntranse nos espazos de cruce entre arte, educación, museo e comunidade, así como nas metodoloxías activas e participativas baseadas na creación artística.