Vicente Blanco e Salvador Cidrás, son artistas plásticos e profesores da área de Expresión Plástica da Universidade de Santiago de Compostela na Facultade de Formación de Profesorado de Lugo.
Licenciados en Belas Artes pola Universidade de Vigo, doutores en Belas Artes (UGR) e Humanidades (USC) respectivamente e graduados en Cerámica pola EASD Ramón Falcón de Lugo, desenvolven a súa investigación artística en diferentes medios como vídeo, debuxo, escultura e instalación. A súa obra expúxose individualmente en importantes museos de arte contemporánea: Raíña Sofía (Madrid), CGAC (Compostela), MUSAC (León); tamén en numerosas exposicións colectivas.
Son promotores do grupo de innovación educativa Escola Imaxinada, un colectivo composto por distintas profesionais do campo das artes, a arquitectura, a filosofía e a educación infantil e primaria e cuxos obxectivos son: achegar ás escolas metodoloxías baseadas nas artes e contribuír ao deseño de espazos e recursos educativos de calidade nas aulas. As súas propostas recóllense no blogue escolaimaxinada. com Son autores dos libros Educar a través dá arte. Cara a unha escola imaxinada (Kalandraka Editora) Premio Educacompostela 2017, e Debuxar o mundo, Premio Marta Mata de Pedagoxía 2020.