Ano de publicación:
2017
Editorial:
Papeles Mínimos
ISBN:
978-84-945701-7-9
Nogueira Pereira, M.X. (ed.) (2017). 13 antoloxía da poesía galega próxima. Madrid: Papeles Mínimos.
O título fai referencia aos trece poetas antologados: Francisco Cortegoso, Oriana Méndez, Jesús Castro Yáñez, Andrea Nunes Brións, Xabier Xil Xardón, Gonzalo Hermo, Berta Dávila, Ismael Ramos, Samuel Solleiro, Celia Parra, Alicia Fernández, Lara Dopazo e Antón Blanco.
Son 13 poetas que andan na trintena e que publicaron o seu primeiro libro despois do 2005, ano no que as eleccións autonómicas abriron un período histórico de circunstancias políticas e económicas novas. Neste sentido, os 13 poetas seleccionados por María Xesús Nogueira permítenlle aos lectores e ás lectoras descubrir unha paisaxe ata agora nunca abordada: a que xurde ao concluír en Galicia a longa transición democrática.