Ano de publicación:
2017
Editorial:
Edicións Xerais de Galicia
ISBN:
978-84-9121-291-1
Roig Rechou, B.A., & Pousada Pardo, V. (2017). Representacións do mundo árabe na Literatura Infantil e Xuvenil galega. En Roig Rechou, B.A, Soto López, I., & Neira-Rodríguez, M. (coord.), Representacións do mundo árabe na LIX (pp. 77-93). Vigo: Edicións Xerais de Galicia.
Realízase unha panorámica da presenza do mundo árabe na Literatura Infantil e Xuvenil galega do século XXI, abranguendo tanto temáticas tradicionais coma actuais. En primeiro lugar, preséntanse as versións, reescrituras e adaptacións herdeiras d’As mil e unha noites e doutros relatos míticos e lendarios; a seguir, examínanse as obras que amosan os conflitos bélicos e sociais; para rematar coas que manifestan a inmigración. Esta achega permite observar o tratamento da cultura árabe na literatura galega para os máis novos e descubrir como se reflicte o “Outro”, dende as imaxes máis estereotipadas até as máis innovadoras.