Ano de publicación:
2022
Editorial:
Editorial Graó
ISBN:
978-84-19416-09-4
Trigo Martínez, C. (2022). Aproximaciones al entorno a través de la educación artística o ArtEducación. En Franco-Vázquez, C., Gillanders, C., & Neira-Rodríguez, M. (coords.), Proyectos interdisciplinares de educación artística y literaria (pp. 161-177). Barcelona: Editorial Graó.
Os problemas ambientais e outras crises de sustentabilidade reclaman a nosa acción e compromiso como recóllese na Folla de Ruta para a Educación Sustentable. A educación artística ou ArtEducación pode facilitar instrumentos de reflexión e experiencias que promovan un cambio na forma de mirar, entender e vivir a relación co entorno de forma máis consciente e, polo tanto, axuden aos futuros docentes a deseñar e reconsiderar a súa práctica. Mais para promover a interacción co entorno é preciso desactivar dinámicas establecidas e buscar novas estratexias de exploración e recoñecemento. Aquí preséntanse diferentes proxectos que parten do taller de percorrido como metodoloxía que promove vínculos co entorno por mor de procesos artísticos que céntranse en sentir e coñecer, como paso previo necesario para poder transformar a sociedade actual nunha sociedade máis sostíbel.