Ano de publicación:
2022
Editorial:
Edicións Xerais de Galicia
ISBN:
978-84-1110-174-5
Lorenzo-Otero, J.L., & Franco-Váquez, C. (2022). Cómic, ilustración e literatura en Galicia. Da prensa escrita á novela gráfica actual. En Neira-Rodríguez, M., Roig Rechou, B.A., & Soto López, I. (coords.), Cómic e Literatura (pp. 49-81). Vigo: Xerais.
Abórdase de forma xeral a relación que existe entre a ilustración, a literatura e a banda deseñada, insistindo nas particularidades desta modalidade artística. Tras un breve percorrido histórico sobre os que se consideran os antecedentes da narración en imaxes, o estudo céntrase na vinculación do cómic coa prensa diaria e as revistas de publicación periódica, ademais de explicar as técnicas de reprodución que se empregaron para a difusión do xénero e os estilos dominantes a nivel global. Resúmese tamén a historia da banda deseñada galega dende o seu nacemento na década de 1970 até a actualidade, ofrecendo ao final unha selección dos creadores máis influentes no seu desenvolvemento, analizando os seus estilos respectivos e as principais referencias que se constatan nos seus traballos.