Doutora en Belas Artes pola Universidade de Vigo, licenciada en Belas Artes na Universitat Politécnica de Valencia e en Xeografía e Hª, especialidade de Historia do Arte pola USC. É profesora Titular na Universidade de Santiago de Compostela (USC) na área de Didáctica da Expresión Plástica. Imparte docencia de Educación Artística nos graos de Mestre na Facultade de Ciencias da Educación. É investigadora principal do grupo de investigación LITER21 e investigadora do Instituto de Ciencias da Educación da USC. Pertence a distintas asociacións como: Rede Ibero Americana de Educação Artística (RIAEA), Grupo de Intervención Artística C3, Rede temática de investigación Las Literaturas Infantiles y Juveniles del Marco Ibérico e Iberoamericano (LIJMI) y al ICOM (International Council of Museums). Autora de artigos sobre Educación Artística, perspectiva de xénero e ilustración en Literatura Infantil e Xuvenil.