Ano de publicación:
2016
Gillanders, C., & Franco-Vázquez, C. (2016). The image of the female body in contemporary society: An approach from the arts classroom. International Journal of Education & the Arts, 17(37), 1-12. Retrieved from http://www.ijea.org/v17n37/
A aprendizaxe baseada en proxectos e na creación artística brindan aos futuros profesores de secundaria a oportunidade de experimentar e reflexionar sobre a importancia de incluír unha perspectiva de xénero na educación. Neste artigo descríbese un caso de estudo onde alumnas do Posgrao de Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato exploran a imaxe do corpo feminino no cómic, na publicidade, nos concursos de beleza e no mundo da moda co obxectivo de planificar e deseñar un proxecto que poida ser emprendido na escola por nenos e promover a discusión de temas como a equidade e a igualdade de dereitos e oportunidades para mulleres e homes en materias que logo terán que impartir nunha aula de secundaria.