Desde o ano 2000 traballa na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela. Terminou os seus estudos de música en Arxentina en 1991, completando a súa formación en linguaxe musical e canto en España. Posúe o Diploma Pedagóxico de Educación Musical Willems e é Monitora de Musicoterapia. No ano 2011 leu a súa tese doutoral titulada “Os medios na práctica docente do especialista en educación musical en Galicia” na USC, que obtivo premio extraordinario. Colaborou en diversos proxectos europeos e na actualidade é membro colaborador externo do grupo de investigación da UAM denominado “Dinámicas musicais nas interaccións triádicas temperás”. A súa traxectoria investigadora está vinculada á Educación Musical e aos proxectos artísticos interdisciplinares. É membro da Comisión Académica do programa de doutoramento en Educación, do Máster de Secundaria e do Máster en Didácticas Específicas da USC.