Licenciada en Filoloxía Galega e doutora en Filoloxía Galega pola Universidade de Santiago de Compostela cunha tese sobre Literatura Infantil e Xuvenil. Profesora na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela e na Escola CEU de Maxisterio de Vigo-Universidade de Vigo. Secretaria da Rede Temática de Investigación “As Literaturas Infantís e Xuvenís do Marco Ibérico e Iberoamericano” (LIXMI). Forma parte do Persoal Científico do ICE, é membro do Grupo de Investigación LITER21 (GI-1839) da USC e, ata 2012, tesoureira da Asociación Galego-Portuguesa de Investigación en Literatura Infantil e X/Juvenil. ELOS, sección da Asociación Nacional de Investigación en Literatura Infantil y Juvenil (ANILIJ). Participa nos proxectos “Bibliografía da Literatura Galega”, “Dicionarios de literatura”, “Informes de Literatura”, “Investigación en Literatura Infantil e Xuvenil” e “Narrativa recuperada” do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, ademais doutros proxectos a nivel autonómico e estatal. Autora de monografías, artigos e recensións sobre Literatura e Literatura Infantil e Xuvenil Galega. Entre estas publicacións atópase a súa participación na Historia da Literatura Infantil e Xuvenil Galega, coordinada por Blanca Roig.