Ano de publicación:
2021
Franco-Vazquez, C., & Neira-Rodríguez, M. (2021). Promoviendo el pensamiento creativo a través de las narrativas visuales y literarias: un estudio de caso en el Grado en Maestro/a de Educación Infantil. Revista de investigación en educación, 19 (2), 162-175. https://doi.org/10.35869/reined.v19i2.3673
Exponse un estudo de caso levado a cabo con alumnado do Grao de Mestre/a de Educación Infantil da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela. A posta en práctica de accións compartidas entre diferentes disciplinas permite estimular o pensamento creativo. Desta forma, a colaboración activa entre o profesorado de áreas diversas redunda no beneficio do alumnado que aprende a planear proxectos cooperativos de forma práctica. A experiencia iniciouse nas clases de “Literatura infantil e dramatización”. Así, partindo do autor xa clásico Gianni Rodari, e da súa obra Gramática da fantasía, como primeira actividade o alumnado realizou diferentes textos escritos nos que poñíanse sen práctica diversas estratexias creativas de promoción da lectura. Estes textos serviron de base para o alumnado matriculado na outra disciplina: “Educación visual e plástica”. Esta segunda fase explora as posibilidades das narrativas visuais tomando como referente artístico a artistas e ilustradores que utilizan o collage para as súas creacións. Finalmente, analízanse as creacións resultantes e a eficacia desta metodoloxía.