Ano de publicación:
2016
Editorial:
Iudicium
ISBN:
978-3-86205-442-8
Oittinen, R., & Roig Rechou, B.A. (coord.) (2016): A Grey Background in Children’s Literature: Death, Shipwreck, War, and Disasters / Literatura infantil y juvenil con fondo gris: muerte, naufragios, guerras y desastres. Munchen: Iudicium.
Este volume abarca dezanove traballos sobre temas “difíciles” ou tabú no ámbito da Literatura Infantil e Xuvenil (a morte, a guerra, es os perigos do mar) e tamén sobre o papel da censura, que soe acompañalos en maior ou menor medida. As referencias á morte censuráronse durante moitos casos e se dulcificaron en maior ou menor medida ata que nos últimos vinte ou trinta anos a súa inclusión na literatura implicou unha forma de axudar aos destinatarios máis pequenos a enfrontarse á perda dun ser querido. As traumáticas consecuencias da guerra na sociedade preséntanse na literatura como parte do proceso de maduración de nenos e mozos á vez que subliñan valores sociais relativos á paz. Como era de esperar, a censura acompañou sempre a estes temas “difíciles” e incluso na actualidade seguen a facerse omisións importantes á hora de tratar estes temas. Este libro analiza tamén os perigos do mar, tan presente en guerras, naufraxios e aventuras. En conclusión, esta obra amosa a presencia cada vez maior de estes temas na LIX como axuda imprescindíbel na infancia e adolescencia para poder afrontalos de forma madura e construtiva.