Doutor en Historia, Xeografía e Historia da Arte (Especialidade de Historia da Arte) pola Universidade de Santiago de Compostela co traballo “Rockstar Games. Innovación, investigación e intermediación na arte do videoxogo”. Licenciado en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela e Master en Xestión do Patrimonio, Museos e Mercado da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade de Las Palmas de Gran Canaria. Comisario da exposición Autómatas do Consumo na Galería El Taller (Santiago de Compostela). As súas principais liñas de traballo céntranse na cultura icónica de masas por medio de tres eixos principais: 1) estudos visuais do videoxogo e os serious games, 2) estética da banda deseñada e manga, e 3) patrimonio y cultura educativa.