Catedrático Pianista Acompañante no Conservatorio Superior de Música de Vigo e profesor asociado P3 na Facultade de Formación do Profesorado da Universidade de Santiago de Compostela. Graduouse no Conservatorio Superior de Música de Barcelona obtendo as titulacións de Profesor Superior de Piano, Superior de Música de Cámara e Superior de Solfexo, Teoría da Música, Transposición e Acompañamento. Alí estudou baixo a guía da Prof. Carmen Undebarrena. En Arxentina, o seu país natal, estudou previamente co Mestre Antonio Russo e as Profesoras Ana María Floriani, Raquel Zone, Susana Bonora e Perla Fortunatti. Na súa formación complementaria destacan os cursos de pedagoxía musical realizados con Violeta Hemsy de Gainza, a Formación Musical Willems e os seus estudos coma Monitor de Musicoterapia. Tamén recibiu formación de eutonía, método cos-art, técnica Alexander, Feldenkrais e sistema Aberastury. Ademais acadou o título de Grado Profesional de Clave e Canto. Obtivo a bolsa Josep Mirabent i Magrans, a bolsa de piano pola integral da obra de Frederic Mompou e unha bolsa da Fundación Antorchas para jóvenes intérpretes. Foi pianista acompañante de clases de canto e de diversas corais. Actuou en numerosos concertos como solista e como integrante de grupos de cámara. Tamén tocou ca Orquesta Sinfónica de Bahía Blanca, a Orquesta de Cámara do Garraf e a Orquesta Amics dels Clàssics.