O pasado venres, día 7 de xullo, entrevistaron no xornal da USC á nosa compañeira Rocío G-Pedreira, quen presentou o seu proxecto “Petíscame. Videopodcast sobre libros e ilustración con creadores galegas”. Este proxecto xorde da iniciativa desenvolvida pola docente en “Petiscando libros“, do que xa nos referimos na web. O vindeiro mércores 11 de xullo, tamén presentará esta iniciativa en Onda Cero Lugo.
A continuación, pódese consultar íntegra a súa entrevista na USC:
https://www.usc.gal/gl/xornal/novas/formato-podcast-ferramenta-innovadora-infinitas-posibilidades-ensino-aprendizaxe