A profesora Carol Gillanders recentemente participou no programa de mobilidade docente ERASMUS+ International Credit Mobility KA171. Do 26 ao 30 de xuño visitou a Universidade de Ludong en China, impartindo diferentes conferencias relacionadas coa educación musical. Esta mobilidade tivo como obxectivo continuar coa cooperación entre as dúas institucións iniciada en febreiro de 2023 pola profesora Miao Wang da Escuela de Artes da citada universidade, que compartiu cos nosos estudantes diferentes seminarios relacionados coa música china.