Doutora en Filoloxía Galega pola USC. As súas liñas de investigación son a narrativa de Álvaro Cunqueiro e a poesía galega contemporánea, con especial atención á súa relación co xénero e o medio ambiente.
Desde hai máis de dúas décadas exerce como crítica literaria en diferentes medios. Foi presidenta da Asociación Galega da Crítica. Na actualidade é directora do Centro de Investigación de Procesos e Prácticas Culturais Emerxentes (CIPPCE), da USC.