Graduada en Belas Artes pola Universidade de Vigo e especializada en Arte, Museoloxía e Crítica Contemporánea pola Universidade de Santiago de Compostela. Dende que rematou os seus estudios traballou en diversos ámbitos da xestión cultural, como a editorial DARDO ou o Museo de Arte Contemporáneo de Amberes. A partir de 2016, tras realizar o Máster Universitario en Profesorado de Educación, centra a súa labor no ámbito educativo traballando en diversas institucións culturais, levando a cabo proxectos educativos en institucións como a Rede Museística de Lugo ou o Centro Galego de Arte Contemporánea. En 2018 funda, xunto a outras profesionais do sector, a cooperativa “Plano Pementa”, unha empresa dedicada á xestión cultural e a educación artística, realizando diversos proxectos socioeducativos para institucións públicas e privadas. Actualmente traballa como Profesora de Debuxo na ensinanza pública.