Year of publication:
2020
O Boletín Galego de Literatura (BGL) é unha publicación científica de acceso libre e periodicidade semestral, editada polo Grupo de Investigación LITER21 (GI-1839-Literatura galega. Literatura Infantil e Xuvenil. Investigacións literarias, artísticas, interculturais e educativas) do Instituto de Ciencias da Educación (ICE)-Universidade de Santiago de Compostela. Creouse no 1989 co obxectivo de dar soporte e difusión a traballos de investigación sobre literatura, en xeral, escritos en lingua galega que, doutra maneira, poderían ficar inéditos por falta de apoio.
A revista saíu impresa, sen interrupcións, entre o ano do seu inicio até o número 46 (máis tres monográficos), correspondente ao segundo semestre de 2011. Nese momento, a Universidade de Santiago de Compostela promoveu un proxecto polo que se suprimiron todas as edicións analóxicas para proceder a publicar exclusivamente en formato dixital as revistas dependentes do seu Servizo de Publicacións e Intercambio Científico.
O director da publicación é o doutor Anxo Tarrío Varela e a secretaría está formada por Marta Neira Rodriguez, Verónica Pousada Pardo e Armando Requeixo Cuba.
Acepta traballos escritos en galego, castelán, portugués, catalán, francés, italiano, inglés e alemán, aínda que todos, excepto os portugueses e os que teñan por destino a sección “Documentos”, aparecerán en galego co permiso do/s autor/es.
BGL 47 (2015)
View moreBGL 48 (1º semestre 2016)
View moreBGL 49 (2º semestre 2016)
View moreBGL 50 (1º semestre 2017)
View moreBGL 51 (2º semestre 2017)
View moreBGL 52 (1º semestre 2018)
View moreBGL 53 (2º semestre 2018)
View moreBGL 54 (1º semestre 2019)
View moreBGL 55 (2º semestre 2019)
View moreBGL 56 (1º semestre 2020)
View moreBGL 57 (2º semestre 2020)
View moreBGL 58 (1º semestre 2021)
View moreBGL 59 (2º semestre 2021)
View more