“Contramapas do camiño. Memorias do habitar” é una proposta de acción para a recuperación e posta en valor do patrimonio natural, material e inmaterial ligado aos territorios rurais da contorna de Santiago de Compostela polos que discorren os diferentes Camiños que conforman a Rede Xacobea (Camiño Francés, Camiño Inglés, Camiño Primitivo, Camiño a Fisterra, Camiño Portugués, Camiño do Holandés). Trátase de facer unha reflexión sobre o estado estético-social dos camiños desenvolvendo obradoiros que liguen as comunidades de veciños coa educación artística e patrimonial, inventariando a documentación resultante.