Ano de publicación:
2021
Editorial:
Galaxia
ISBN:
978-84-9151-767-2
Blanco Mosquera, V., & Cidrás, S. (2021). Debuxar o mundo. Xogar, crear, compartir. Vigo: Galaxia.
PREMIO MARTA MATA DE PEDAGOXÍA 2020. Debuxar o mundo xorde da experiencia dos autores como artistas e profesores nunha facultade de formación de profesorado. Partindo do debuxo como un medio espontáneo, ubicuo, democrático e inherente ao ser humano, examinan a práctica artística e educativa do debuxo. O libro recolle as propostas de debuxo froito da súa investigación artística levadas a cabo con nenos e nenas de infantil e primaria en colaboración con escolas, familias e colectivos interesados en metodoloxías activas. Agrúpanse en catro apartados: volver debuxar (pensadas para que as persoas adultas que traballan coa infancia recuperen o debuxo), contar debuxando (experiencias onde conviven palabras e imaxes), xogar debuxando (o debuxo a través do xogo) e concienciar debuxando (debuxo activista). Todas elas comparten como de características o incidir na idea de proceso (descubrir formas de facer abertas que non buscan un único resultado); experimentar con diferentes materiais, técnicas e linguaxes artísticas; favorecer a creación dun imaxinario e estilo persoal apartándose de respostas estereotipadas; e educar o sentido estético.