Ano de publicación:
2015
Editorial:
Deputación de Lugo
López Díaz, A., Requeixo Cuba, A., & Villares, R. (ed. lit.) (2015). O Seminario de Mondoñedo, 1565-2013: centro de formación e de promoción cultural. Lugo: Deputación de Lugo.
A historia do seminario mindoniense é, ollada desde o outeiro do noso tempo, un exemplo de centro educativo especializado e de faro que alumea o conxunto da diocese. A rexión cantábrica -de Ferrol a Ribadeo-, as terras de Miranda e as da Terrachá non se entenderían sen este pólo cultural que, desde a catedral e o seminario, fixo de Mondoñedo un referente para propios e extraños.
Nos catro séculos e medio de historia que percorre este libro, un parece ir ao encontro de si mesmo. Coma se nel estivese contada a nosa vida moitas veces, recreada en xeracións de seminaristas. Para nós, fillos intelectuais do Seminario, a obra xustifícase na tensión e a emoción da Homenaxe. Este libro é o que quedará, sequera sexa na penumbra das bibliotecas, unha vez que se desvanezan as palabras dos discursos do 17 de outubro de 2015, o día da memoria. E debemos celebrar que a peripecia vital e cultural da nosa Institución apareza aquí, en toda a súa esencia e no seu pormenor.