O pasado 1 de xuño tivo lugar o IV Encontro de Axentes Socioeducativos. Formación mutua para vincular accións, saberes e territorio no Centro Sociocultural de Bugallido-Ames. A profesora Carol Gillanders formou parte do comité organizador deste encontro, organizado polo GI-Esculca. Esta iniciativa da Comunidade de Accións e Saberes Arredor do Rural, ten coma un dos seus obxectivos crear pontes entre a universidade, as asociacións e o medio rural para promover accións conxuntas de emprendemento e innovación social.
A continuación pódese ver un cartel sobre o encontro: