O pasado Luns 6 de marzo, tivo lugar no Pazo de San Roque (Santiago de Compostela) a presentación de “Pensar é escuro. Poesía reunida (1991-2004)” de Luísa Villalta. Unha recompilación da obra da mencionada autora editada por Armando Requeixo. Acompañando ao editor estiveron Valentín García Gómez, Susana Villalta, Tamara Andrés e Marcos Calveiro.