Ano de publicación:
2020
Editorial:
Edicións Xerais de Galicia
ISBN:
978-84-9121-754-1
Franco-Vázquez, C. (2020). Arte e camiño. En Neira-Rodríguez, M., Roig Rechou, B.A., & Soto López, M.I. (coord.), Camiño e peregrinacións na LIX: (Compostela no horizonte) (pp. 479-489). Vigo: Edicións Xerais de Galicia.
Neste traballo realízanse unhas breves reflexións sobre as relacións entre arte e camiño. A primeira parte céntrase en comentar referentes artísticos de todos os tempos que, dalgunha maneira, combinan os dous conceptos: as creacións artísticas e a acción de camiñar, evocando a necesidade de percorrer un camiño, xa sexa este real ou figurado, a través da Historia da Arte. Así, deterémonos nos xeroglíficos dos petróglifos prehistóricos, nas ilustracións de Gustave Doré, nas creacións dos artistas de Land Art e nas achegas de Kounellis. Finalmente, comentaremos as ilustracións dunha selección de libros infantís e xuvenís en lingua galega que tratan o tema do Camiño.