Ano de publicación:
2020
Editorial:
Consello da Cultura Galega
ISBN:
978-84-17802-20-2
Requeixo Cuba, A. (2020). As Bretañas de Cunqueiro. En Villares, R., Botrel, J.F., & Rivalan Guégo, C. (coord.), Galicia-Bretaña: Olladas comparadas (pp. 267-282). Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega. https://doi.org/10.17075/gboc.2020.012
Álvaro Cunqueiro foi un escritor bretonófilo. A súa obra literaria así o demostra. E tamén as súas opinións a propósito da viaxe que fixo a aquela Fisterra. Nas páxinas que seguen porei de relevo como no tratamento da temática bretoa Cunqueiro se manexou cun duplo coñecemento: o literario (o seu saber inicial e máis extenso) e o vital (posterior e panorámico). Tamén farei fincapé nas principais liñas de converxencia galego-bretoas tal como as evidencia a escrita cunqueiriana: o celtismo britón, a admiración polos vellos reinos da cristiandade e a fascinación pola materia da Bretaña. A seguir, exporei a que xulgo ser a súa cosmovisión espiritual bretoa, tendo presentes as súas consideracións a este respecto nos eidos da mitoloxía, a haxiografía, a lendahistoria e o ultrarreal. Finalmente, ocupareime da transversalidade xenérica que caracteriza a presenza da temática bretoa na obra do mindoniense, que a fai patente tanto na súa narrativa como nos seus poemas, igual no xornalismo literario ca na tradución e aínda noutros ámbitos.