Ano de publicación:
2019
Editorial:
Edicións Xerais de Galicia
ISBN:
978-84-9121-630-8
Neira-Rodríguez, M. (2019). Unha necesaria lectura nas aulas galegas: Todo o tempo do mundo, de David Pérez Iglesias. En Neira-Rodríguez, M., Roig Rechou, B.A., & Soto López, M.I. (dir.), Imaxes nenez-vellez na LIX (pp. 477-484). Vigo: Edicións Xerais de Galicia.
Achega á obra Todo o tempo do mundo, de David Pérez Iglesias, que mereceu o Premio Merlín de Edicións Xerais de Galicia no ano 2016. A análise afonda na relación existente entre Ariadna, unha rapaza de case doce anos, e o seu avó Valente, un home para ela descoñecido que fará que descubra a terra na que naceu, así como a problemática do rural no que reside. Trátase da achega a un relato, de necesaria lectura nas aulas galegas, que reivindica o papel da muller e do rural galego.