Ano de publicación:
2019
Editorial:
Tropelias & Companhía
ISBN:
978-989-8582-84-3
Macedo, A.C., Oliveira, E., Neira-Rodríguez, M., & Reis da Silva, S. (Coords.) (2019). Literatura para Crianças e Educação Literaria: Diálogos Intergeracionais. Porto: Tropelias & Companhía.
Colección isotópica organizada ao redor das relacións interxeracionais na literatura infantil e xuvenil, nun volume que segue a estela doutros que, baixo o mesmo lema, saíron á luz nos últimos anos, a obra que agora publícase reúne un conxunto de traballos firmados por investigadores portugueses e galegos. Trátase de diversas investigacións producidas ao redor de amplo tema da literatura para a infancia e os diálogos interxeracionais, con especial atención ás cuestións relacionadas ca educación literaria, como mencionouse con anterioridade. Organizado en dúas partes –“Estudos e Notas” e “Comentarios Críticos”-, o presente volume da a coñecer desta maneira, ademais de varios estudos orixinados no ámbito dos XXIV Encontros Luso-Galaicos do Libro Infantil, que tiveron lugar na Escola Superior de Educação do Porto nos días 13, 14 e 15 de decembro de 2018, outros enfoques distintos, pero que igual maneira presentan a problemática do tema en cuestión, así como comentarios de obras recentes publicadas e centradas na literatura de potencial recepción infantil e xuvenil.