Ano de publicación:
2022
Nogueira Pereira, M.X. (2022). Un problema de palabras. A poética de Xela Arias. Boletín da Real Academia Galega, (382), 31-40. https://doi.org/10.32766/brag.382.805
A visión de Xela Arias sobre a escrita reflectida en textos autopoéticos, conferencias ou entrevistas permite a reconstrución dun discurso meta-literario que non só define as claves da súa poética senón que a sitúa nunhas coordenadas estéticas e ideolóxicas. Das primeiras destaca a importancia da linguaxe —a palabra— nun constante exercicio de experimentación baseado na liberdade. Das segundas, a conciencia de estar a escribir desde unha condición, a de muller, e nunha lingua minorizada. E, como pano de fondo, a subversión da orde estabelecida, a denuncia dos falsos equilibrios e o cuestionamento da orde das cousas.