Ano de publicación:
2016
Editorial:
Edicións Xerais de Galicia
ISBN:
978-84-9121-123-5
Roig Rechou, B.A., Soto López, I., & Neira-Rodríguez, M. (Coord.) (2016): Reflexos das dúas Guerras Mundiais na LIX. Vigo: Edicións Xerais de Galicia.
Os membros da Red Temática de Investigación “Las Literaturas Infantiles y Juveniles del Marco Ibérico e Iberoamericano” (LIJMI) achegan neste volume diversas reflexións centradas no tema Reflexos das dúas guerras mundiais na LIX, coa intención de que os profesionais da mediación entre o libro e a lectura atopen nestas páxinas un conxunto de orientacións que os axuden no seu traballo de formación literaria e á hora de elaborar seleccións temáticas. Os diferentes ensaios abordan un corpus de obras de literatura infantil e xuvenil centradas en ambas as guerras mundiais que ofrecen un amplo abano de espazos, personaxes e situacións causadas polos conflitos. Nestes textos reitéranse, entre outros, trazos como a absurdeza de calquera guerra, as repercusións do nazismo ou actitudes de valentía e resistencia.