Ano de publicación:
2016
Editorial:
Edicións Xerais de Galicia
ISBN:
978-84-9121-123-5
Franco-Vázquez, C., & Calviño-Santos, G. (2016). A imaxe nos conflictos bélicos. En Roig Rechou, B.A., Soto López, I., & Neira-Rodríguez, M. (Coord.), Reflexos das dúas Guerras Mundiais na LIX (pp. 449-470). Vigo: Edicións Xerais de Galicia.
Desde sempre, os conflitos bélicos atraeron a atención dos artistas. No presente artigo, despois de dedicar unha epígrafe ao que representou a serie de gravados de Goya titulada Los desastres de la Guerra, faremos un repaso polo labor dos fotógrafos pioneiros nas guerras do século XIX, con especial detemento na Guerra de Crimea e na Guerra de Secesión norteamericana: poremos de manifesto o diferente modo de actuar dos fotógrafos, afondando nos distintos condicionantes que lles afectaban. Analizaremos tamén as particulares relacións entre a vangarda, o dadaísmo e o poder, así como o labor dos fotógrafos da Primeira e da Segunda guerras mundiais. Por último, tras unha selección de obras, co fin de mostrar como abordan os ilustradores a representación dos conflitos bélicos, comentaremos as imaxes dunha serie de obras que exemplifican as conviccións dos ilustradores ante o horror da guerra.