Ano de publicación:
2015
Nogueira Pereira, M.X. (2015). O equilibrio trastornado. O eu e a súa relación co outro. Abriu: Estudos De Textualidade Do Brasil, Galicia E Portugal, (4), 29–43. https://doi.org/10.1344/abriu2015.4.2
O artigo presenta un achegamento á configuración dun eu poético particular na obra de Xela Arias, así como á complexa relación que este estabelece co outro ao longo dos seus catro poemarios, publicados entre os anos 1986 e 2003. O traballo ten como obxectivo analizar a obra da autora desde esta perspectiva, proporcionar algunhas claves que permitan situala no seu contexto e valorar tanto a orixinalidade das súas achegas como a contribución destas á modernización do discurso poético galego. Ademais, engádense algunhas notas sobre a recepción da poesía de Arias no momento da súa publicación e nos anos posteriores.