Posúe o grao en Mestra de Educación Primaria coa Mención en Música (USC), o título superior de Instrumentos da Música Tradicional e Popular de Galicia (CSMV), o mestrado en Investigación Musical (VIU) e é doutora coa tese “Compilación, análise e uso didáctico do repertorio vocal acompañado de percusión de man como parte do patrimonio inmaterial galego. Estudo dun caso representativo” (UDC), ademais de formación non regrada no campo da música tradicional galega. A súa traxectoria como docente, investigadora e intérprete vincúlase estreitamente coas músicas de tradición oral galegas, a súa docencia e os seus medios de difusión.