Doutora en Equidade e Innovación en Educación. Investiga o emprego da música como recurso didáctico para fomentar valores de concienciación ambiental. Licenciada en Bioloxía e Graduada Superior en Pedagoxía Musical, desenvolve a súa carreira combinando ambas materias e empregando a Educación como nexo de unión entre elas, explorando as múltiples posibilidades da música para o desenvolvemento sostible e a integración social, cultural e ambiental.