Ano de publicación:
2020
Editorial:
Andavira
ISBN:
978-84-122480-2-9
Tojeiro Pérez, L. (2020). Music for the environment: a pedagogical tool. En Vicente Álvarez, R.M., Gillanders, C., Rodríguez Rodríguez, J., Romanelli, G., & Pitt, J. (coord.) (2020): Music education and didactic materials (pp. 105-113). Santiago de Compostela: Andavira. https://minerva.usc.es/xmlui/handle/10347/23403
A música, entendida como linguaxe, axuda a difundir información, a aumentar a conciencia social e a fomentar a responsabilidade. Ao utilizar a música como canal para a educación ambiental, pódese promover un coñecemento integrado que vencelle a experiencia ca aprendizaxe. Aproveitando as cancións, os bailes, os sons, as gravacións, os ritmos e o movemento, podemos facer accesíbeis os contidos medioambientais de forma divertida e positiva. Así, pretendemos concienciar sobre os problemas medioambientais, utilizando á música como unha ferramenta creativa e interactiva de concienciación social. Presentamos varias experiencias pedagóxicas que utilizan á música como ferramenta de educación ambiental. Utilizando a música dende a perspectiva evolutiva, biolóxica, zoolóxica, ecolóxica e emocional, estas iniciativas pretenden contrarrestar os posíbeis efectos de déficit de natureza que ameazan á sociedade actual. En concreto, as actividades propostas inclúen experiencias musicais ao aire libre e en interiores, como a recreación de diferentes paisaxes sonoras, a construción de instrumentos musicais con materiais reciclados e a forma de abordar os problemas medioambientais a través da expresión artística. Escoitando, observando e palpando o noso entorno, pretendemos achegar aos alumnos á natureza dunha forma creativa que estimule a curiosidade, a motivación e a transversalidade. En definitiva, estas experiencias musicais pretenden educar no respecto aos recursos naturais e culturais, promovendo iniciativas sostibles a través dun enfoque interdisciplinar que combina a educación musical e medioambiental.