Ano de publicación:
2020
Editorial:
UMinho Editora
ISBN:
978-989-8974-20-4
Franco-Vázquez, C., & Neira-Rodríguez, M. (2020). Os clásicos desde a visión vangardista de Kvêta Pacovská. En Reis da Silva. S., Clássicos da Literatura Infatojuvenil em Forma(to) de Livro-Objeto (pp. 139-146). Braga: UMinho Editora. https://ebooks.uminho.pt/index.php/uminho/catalog/book/13
Despois de destacar brevemente a importancia de Květa Pacovská no eido do libro obxecto e de lembrar que se entende por contos clásicos, neste traballo, analízanse as ilustracións vangardistas que esta artista realizou para cinco contos clásicos. Faise unha análise do tipo de imaxes máis habituais e do seu grao de iconicidade, así como un paralelismo entre as ilustracións de Pacovská e as obras dalgúns dos artistas do século XX que lle serviron de referencia. Os contos analizados son: The Little Match Girl, a partir do conto de Andersen; Hansel & Gretel, Caperucita Roja e Cenicienta, a partir dos contos dos Irmáns Grimm e Charles Perrault, e Pierino & Il Lupo, de Serguéi Prokófiev.