Ano de publicación:
2018
Editorial:
Octaedro
ISBN:
978-84-17219-78-9
Tojeiro Pérez, L. (2018). Música en el museo: Proyecto didáctico de sonorización del Museo de Zoología. En López Meneses, E., Cobos Sanchiz, D., Martín Padilla, A.H., Molina García, L., & Jaén Martínez, A. (coord.), Experiencias pedagógicas e innovación educativa: aportaciones desde la praxis docente e investigadora (pp. 3302-3314). Barcelona: Octaedro. https://rio.upo.es/xmlui/handle/10433/6411
Esta experiencia describe un proxecto didáctico de sonorización e musicalización desenvolvido no Museo de Zooloxía da Universidade Libre de Bruxelas. A experiencia tivo lugar a finais do curso 2016-2017, co obxectivo de facer accesíbel o contido do museo aos nenos e nenas de maneira lúdica e creativa. O proxecto materializouse en dous talleres de verán intensivos, abertos ao alumnado de 6 a 10 anos, orientados a descubrir o mundo sonoro e musical dos animais. Para iso, realizouse no museo unha instalación sonora baseada en módulos de son foto-sensíbeis, que contiñan os cantos dos animais máis representativos. Tomando como base estes sons, deseñáronse actividades de escoita e de recoñecemento auditivo, co obxectivo de coñecer aos animais partindo de actividades de carácter musical. Ademais, o taller combinou actividades dentro do museo con actividades no exterior, incluíndo paseos sonoros para recoñecer os sons reais dos animais e para recoller obxectos sonoros da natureza. A preparación do taller desenvolveuse ao longo de tres meses, durante os cales asegurouse a creación, deseño, e organización das actividades, así coma a súa difusión, comunicación e avaliación entre os participantes.