Ano de publicación:
2022
Editorial:
Edicións Xerais de Galicia
ISBN:
978-84-1110-174-5
Lorenzo-Otero, J.L. & Franco-Vázquez, C. (2022). Cómic, ilustración e literatura en Galicia. Da prensa escrita á novela gráfica actual. En Neira-Rodríguez, M., Roig Rechou, B.A., & Soto López, I. (coord.) (2022). Cómic e literatura (pp. 49-81). Vigo: Edicións Xerais de Galicia
Esta achega busca presentar, de forma breve, a relación entre o cómic (ou banda deseñada), a ilustración e a literatura galega, amosando as principais características que definen ao primeiro en relación coas seguintes. Despois de presentar un breve percorrido histórico sobre os antecedentes da narración en imaxes, o traballo se centrará na relación que existe entre o cómic e a prensa diaria e/ou as revistas de publicación periódica, destacando as principais técnicas de reprodución masiva empregadas para a difusión do cómic. Tras isto, presentaremos as principais industrias de cómic e estilos dominantes a nivel global para, a continuación, ofrecer un pequeno percorrido pola historia da banda deseñada galega e a literatura desde a década dos setenta até a actualidade, deténdonos, a seguir, nunha mostra de ilustradores influentes no desenvolvemento de banda deseñada galega, nas súas características e influencias máis salientables.