Yu Jingxian, en Pulso. Revista de Educación
Ano de publicación:
2017
Editorial:
Graó
ISBN:
978-84-9980-798-0
Roig Rechou, B.A., & Franco-Vázquez, C. (coord.) (2017). Educación literaria y artística: conflictos sociales y bélicos. Barcelona: Graó.
Unha selección literaria sobre conflitos bélicos e sociais que pretende facilitar a tarefa de asentar o hábito lector e conseguir un lector competente, tanto no ámbito dos textos como nos das imaxes. Tamén é de gran utilidade como material de apoio no sempre complicado proceso de xeración de proxectos multidisciplinares que teñan como eixo os conflitos sociais ou bélicos.
Os traballos contidos no libro abranguen un amplo espectro da literatura infantil e xuvenil, xa que analízase un nutrido grupo de albumes ilustrados xunto cunha ampla selección de novelas xuvenís, de temática e estilo variados. O marco histórico elixido permitiu analizar con detalle unha pluralidade de enfrontamentos bélicos e analizan tanto as secuencias de conflitos clásicos como os efectos máis recentes das confrontación modernas.