Ano de publicación:
2019
Editorial:
Edicións Xerais de Galicia
ISBN:
978-84-9121-630-8
Cortizas Varela, O. (2019). A representación da infancia e a vellez a través das ilustracións da LIX. En Neira-Rodríguez, M., Roig Rechou, B.A., & Soto López, M.I. (dir.), Imaxes nenez-vellez na LIX (pp. 545-562). Vigo: Edicións Xerais de Galicia.
A nenez e a vellez, dúas etapas a priori contrarias ao ocupar lugares opostos na liña da vida, son motivo de reflexión e interese actual entre moitos artistas de diferentes eidos. Neste traballo préstase especial atención ás súas imaxes. Comézase cunha breve introdución sobre o tratamento que a arte deu a este tema para despois centrarse na análise das ilustracións recollidas nunha relación de libros infantís e xuvenís galegos que tratan esta temática.