Elos. Revista de Literatura Infantil e Xuvenil é unha publicación científica de periodicidade anual editada polo Grupo de Investigación LITER21 do Instituto de Ciencias da Educación (ICE), da Universidade de Santiago de Compostela, creada co obxectivo de ofrecer un espazo de debate e reflexión ao redor da Literatura Infantil e Xuvenil, un foro de análise crítica, de difusión da investigación e de visibilización deste sistema literario.
A directora da publicación é a doutora Blanca-Ana Roig Rechou e a secretaría está formada por Marta Neira Rodríguez e Rocío G-Pedreira.
As linguas de publicación de Elos. Revista de Literatura Infantil e Xuvenil son o galego, o castelán, o inglés e o portugués.
Elos aparece indizada en ERIH+, ESCI, REDIB e MIAR.