Ano de publicación:
2021
Freire, E., Franco-Vázquez, C., & Rajal Alonso, C. (2021). Contramapas del Camino. Memorias del habitar. Arte y Políticas de Identidad, (24), 49–72. https://doi.org/10.6018/reapi.484741
O seguinte artigo pon de manifesto a importancia de educar no contexto e na vida en común para a construción dunha memoria colectiva, restablecendo os vínculos de identidade, preservando o pasado das nosas comunidades e reformulando o presente. Por mor do proxecto educativo Contramapas do Camiño de Santiago. Memorias do habitar levado a cabo en diferentes contextos rurais pertencentes ao Camiño de Santiago, proponse unha serie de accións e metodoloxías artísticas que implican aos habitantes nos procesos de recuperación da memoria vencellada a estes lugares. Este proxecto, desenrolado dende o Departamento de Didáctica de Expresión Plástica da Universidade de Santiago de Compostela, forma parte do programa O teu Xacobeo impulsado e financiado pola Xunta de Galicia. O obxectivo principal é o de potenciar e facer máis visíbel o papel da Educación Artística e dos procesos creativos como ferramentas de análise no desenrolo de propostas interdisciplinares. Os papeis presentados como Cartografías da Memoria Popular sintetizan a documentación gráfico-visual xerada a partires dos diferentes talleres e das producións e narrativas analizadas.