Ano de publicación:
2020
Editorial:
Universidad Complutense de Madrid
ISBN:
978-84-09-26948-8
Nogueira Pereira, M.X. (2020). “Papagaio” de Maribel Longueira y Luisa Villalta. Crónica fotográfico-poética de la transformación de un barrio. En Chaves Martín, M.A. (coord.), Visiones urbanas. IX Jornadas Internacionales Arte y Ciudad: Madrid, 21, 22 y 23 de octubre de 2020 (pp. 339-346). Madrid: Universidad Complutense de Madrid. https://es.calameo.com/read/00441965924c516ab15cf
En 2001 iniciáronse as obras de demolición de O Papagaio, un popular barrio de A Coruña, para a súa explotación inmobiliaria. Con elas comezaba o proceso de transformación dunha zona de edificacións humildes e de actividade prostibularia nun bloque de vivendas e un centro comercial. O derribo dos inmobles, que supuxo a desaparición dun modo de vida, foi documentado pola fotógrafa Maribel Longueira quen, ademais de preparar unha exposición, compuxo, en diálogo interartístico ca poeta Luísa Villalta, o libro Papagaio (2006). Nel, e desde unha ollada crítica, as dúas autoras elaboraron un documento no que deixan testemuña da destrución e dos recordos dunha vida cotiá marcada ao longo de décadas pola represión, a violencia exercida polo patriarcado, o estigma, a prostitución e as leis do mercado. O obxectivo da comunicación é analizar os mecanismos mediante os cales esta obra artístico-literaria aborda, dende unha perspectiva particular, o tema da cidade, a súa memoria e a transformación dos seus espazos.