Ano de publicación:
2021
Editorial:
Universidade da Coruña - Servizo de Publicacións
ISBN:
978-84-9749-805-0
Trigo, C., Eirín Nemiña, R., & Gillanders, C. (2021). Proyectos integrados en educación artística: una propuesta formativa que potencia la creación, la participación y la transferencia. En Chao Fernández, R., Rosa Napal, F.C., Chao, A., Gillanders, C., & Vicente Álvarez, R.M. (ed.lit.), Actas del III Congreso Internacional de Música y Cultura para la Inclusión y la Innovación (pp. 249-252). A Coruña: Universidade da Coruña – Servizo de Publicacións. https://doi.org/10.17979/spudc.9788497498050
Neste traballo analízase a posta en práctica dunha proposta formativa para alumnado universitario baseada en proxectos de creación artística. Dita proposta diríxese a estudantes de 4º curso do Grao en Mestres/as de Educación Infantil e presenta a novidade de que concíbese a materia coma un proxecto en si mesma. Dende unha educación artística integral que estimula a exploración do sensorial e o aprendizaxe experiencial, proponse ao alumnado unha vía formativa que combina sesións performativas, talleres de experimentación, debates e discusións e o deseño e implementación de accións nun contexto real grazas á colaboración interinstitucional. Por mor dun estudo de caso ao longo de catro cursos académicos, recopiláronse diferentes evidencias que permitiron analizar o grao de aceptación e interese do programa. A investigación suxire que dende a formación inicial do profesorado débense impulsar accións formativas que faciliten a comprensión dos contidos interrelacionados, o emprego de materiais atractivos e ricos que permitan a súa manipulación e exploración sensorial, a autonomía dos estudantes, e a posta en práctica en contextos reais das experiencias levadas a cabo nas aulas universitarias máis alá do período de Prácticum.