Entre o sábado 8 e o luns 31 de outubro terá lugar a I Bienal Internacional de Arte para a Primeira Infancia de Bogotá (BIAPI). Un evento que terá actividades académicas, obras escénicas e concertos, instalacións plásticas e visuais, ou un ciclo audiovisual, entre outras. Nesta primeira edición, participan como invitados Salvador Cidrás e Vicente Blanco, representando ao colectivo Escola Imaxinada, que realizarán diversas actividades artísticas e talleres artísticos para os máis cativos durante todo o evento.
A continuación enlázase a páxina web onde pode consultarse a información sobre este evento: