O martes 15 de novembro ás 18:00 no Auditorio de Galicia, o Festival Cineuropa dedica unha sección da súa programación ao proxecto Aturuxo films, programa desenvolvido no IES de Cacheiras e na Facultade de Ciencias da Educación polo profesor Sergio Clavero Ibáñez de Garayo.
O festival proxectará dez curtametraxes, as cales recibiron 60 premios en festivais de cine, ca interpretación en directo dalgunhas das bandas sonoras. Tamén explicarase o proxecto pedagóxico e haberá un coloquio co alumnado.
As entradas son gratuitas e poden adquirirse de forma online neste enlace baixo rexistro previo:
O proxecto pedagóxico Aturuxo Films – Imaxinando Músicas desenvolve a alfabetización cinematográfica e mediática no IES de Cacheiras e o Conservatorio Profesional de Música de Santiago de Compostela. Ao longo da súa traxectoria obtivo numerosos recoñecementos como o 1º Premio Proxecta de Innovación Educativa 2018, o 1º Premio INOVAGAL 2021 da Consellería de Educación, o Premio de Alfabetización Audiovisual 2014 e Premio Nacional de Buenas Prácticas Educativas do Ministerio de Educación 2019. A maiores, este proxecto tamén obtivo recoñecementos como a Peonza de Oro dos Premios Espiral ou a Mención dos Premios Grandes Iniciativas 2019, ademais de ser Finalista dos Premios Mentes AMI 2022 da Fundación Atresmedia.