A Dra. Denise Rocha, profesora visitante do grupo Liter21 da USC, realiza unha investigación posdoutoral en colaboración co Instituto de Ciencias da Educación (ICE) sobre o contido lúdico-educativo de libros infantís destinados á promoción da saúde. Para dito fin analiza os libros empregados polo equipo de educación pedagóxica nas súas actividades, deténdose na a aprendizaxe que estes libros proporcionan a través da lectura dentro das actividades educativas desenvolvidas para nenos hospitalizados na Escola do Servizo de Pediatría do Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela (CHUS) e no Grupo de Apoio à Criança com Câncer – Bahia (GACC-BA). Un proxecto que procurará identificar cinco libros infantís dirixidos á educación para a saúde, e as actividades propostas polo profesorado dos nenos, co fin de identificar os coñecementos adquiridos polos nenos sobre a saúde, o autocoidado, as enfermidades, e os procedementos médicos, así como as actitudes preventivas en relación coa túa saúde a través dos libros.
Unha investigación que busca ofrecer solucións aos retos globais da nosa sociedade, apostando pola investigación que desenvolva a cultura, a creatividade e unha sociedade inclusiva a partir de propostas didácticas e educativas que posibiliten este avance sociocultural. A continuación se pode ver a publicación dunha actividade realizada pola Dra. Denise Rocha dentro do BACC-BA de Brasil.
GACC-BA é tema de pós-doutorado. 📚💚 O GACC-BA foi a instituição escolhida pela Dra. Denise Rocha para ser objeto de…
Publicada por Grupo de Apoio à Criança com Câncer – Bahia (GACC-BA) en Venres, 18 de Marzo de 2022
De seguido presentamos unha serie de fotografías da actividade realizada porla Dra. Denise Rocha co “Grupo de Apoio à Criança com Cancro”, en Salvador da Bahia, Brasil.